viernes, 14 de diciembre de 2018

Entrega de alimentos á Asociación AYUVI

Esta mañá fíxemos entrega á asociación AYUVI as caixas de comida navideña recollida ao longo do último mes no centro, para axudar ás familias menos favorecidas.

Gracias pola vosa colaboración


lunes, 3 de diciembre de 2018

Colaboración Gran Recollida Banco de Alimentos 2018

Un ano máis colaboramos co Banco de Alimentos de Vigo na gran recollida de alimentos 2018. Gracias a todos os profesores e alumnos que colaboraron en horas non lectivas para axudar aos máis necesitados nestas datas especiais.














miércoles, 14 de noviembre de 2018

Envío de tapóns

O día de onte fíxemos entrega da primeira recollida de tapóns para a fundación amigos de Galicia. Nas fotos podemos ver o volume de tapóns remitidos. Seguimos traballando no proxecto!!!



lunes, 12 de noviembre de 2018

Campaña recollida alimentos solidarios 2018


Un ano máis iniciamos a campaña de recollida de alimentos navideños para familias desfavorecidas. Esperamos a vosa colaboración e que o maior número de familias poidan ter un Nadal moi feliz e cheo de normalidade.

jueves, 8 de noviembre de 2018

Colaboración Fundación Amigos de Galicia


Novo curso 2018/2019

Iniciamos a andaina un curso máis neste programa solidario e o facemos cunha nova actividade en colaboración coa fundación amigos de galicia. Con motivo desta colaboración viñeron a facer unhas charlas ao alumnado para explicar a súas actividades solidarias así como qué tapóns son válidos para recoller e que sirvan para o obxeto solidario en cuestión.




miércoles, 23 de mayo de 2018

Lavado de mans

Este curso, en colaboración cos centros educativos Divino Maestro e Fillas de María Inmaculada de Vigo, levamos a cabo o proxecto "PAFUERA LO MALO, LAVATE LAS MANOS" para a concienciación da importancia de lavar as mans como medida de prevención para coller infeccións.




jueves, 3 de mayo de 2018

Entrega recaudación día do libro

A pasada semana os alumnos do CFGM de Xestión Administrativa fixeron entrega á ONG AYUVI da recaudación na venda de libros levada a cabo o 23 de abril.


miércoles, 25 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO SOLIDARIO

O 23 de abril no día do libro celebramos unha venda solidaria para recollida de fondos para a ONG VIDA DIGNA. Foi todo un éxito gracias á colaboración dos alumnos tanto na montaxe do evento como pola participación na doazón e compra dos libros. A continuación deixamos unha mostra da actividade no centro











lunes, 23 de abril de 2018

COLABORACIÓN MONTES DE CORUXO

Durante todo o curso estivemos implicados na reforrestación tras os incendios que afectaron a toda a área metropolitana. Fai unhas semanas doamos á asociación de montes de coruxo un total de 50 árbores, castaños na súa maioría, como pequena aportación da comunidade escolar.


viernes, 20 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO SOLIDARIO

Durante as últimas semanas fíxose unha recaudación de libros doados por alumnos, profesores e pais para a celebración o vindeiro luns día 23 de abril do día do libro solidario, onde se venderan estes libros para a continuación doar todo o recaudado á ONG VIDADIGNA, coa que levamos colaborando dende fai anos a través de diferentes iniciativas solidarias.

Animamos a todos os integrantes da comunidade educativa a participar neste evento



martes, 6 de marzo de 2018

Actuación infantil

Coma todos os anos, os alumnos e alumnas de TCAE prepararon unha actuación teatral para fomentar o cepillado de dentes entre os rapaces do noso grupo educativo.


lunes, 5 de marzo de 2018

SEMANA DA CIENCIA

O pasado mes de febreiro celebramos a semana da ciencia, onde os alumnos de enferemería e telecomunicacións prepararon nas súas aulas diferentes proxectos.


Nestas fotos podemos ver ás alumnas e alumnos de TCAE nas diferentes exposicións explicativas que prepararon para o resto de alumnado.




Os alumnos puideron comprobar o seu estado de saúde así como realizar pequenos experimentos científicos.




Un dos aspectos máis interensantes foi o intento de concienciación dos danos provocados polo tabaco e o alcohol.



Tamén se fixeron probas de alcoholemia e de glucosa 




Os alumnos de telecomunicacións prepararon nas súas instalacións unha exposición de aparatos de audio e son así como pequenos experimentos relacionados coas asignaturas do ciclo.