lunes, 11 de enero de 2016

Ciclo de conferencias informativas sobre trasplantes

Hoxe cerramos o ciclo de conferencias informativas sobre trasplantes que tivemos a sorte de recibir no centro para todos os nosos alumnos. Foron tres conferencias, recibidas entre os meses de decembro e xaneiro, ás que acudiron todos os alumnos, nas que se informou sobre qué é un trasplante, qué significa ser doante así como coñecer a figura da persoa receptora dos órganos.

Dende o centro queremos agradecer a todos os participantes, tanto conferenciantes, médicos, familiares de doantes e receptores de órganos, así como ao profesorado e ao alumnado presente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario